Publicacións

Breve resumo do acontecido nos meses de novembro, decembro, xaneiro e febreiro.

Imaxe
     Antes de continuar co resumo das actividades destes meses, queremos facer unha pequena confesión… Sabemos que chegamos con algo de retraso. Entre tantas actividades, celebracións, murais, contos, festivais, chocolate quente e ordes do Meco… o tempo pasounos voando e cando nos demos conta xa tiñamos moitas cousas fermosas que contar e pouco tempo para sentarnos a escribilas. No colexio non paramos nin un momento: un día estamos preparando unha actividade, outro día cantando no patio, outro lendo contos cos máis pequenos… e así, case sen decatarnos, o calendario foi correndo máis rápido ca nós. Pero como se di moitas veces, máis vale tarde que nunca. E por iso hoxe queremos compartir con todos e todas un pequeno resumo de todo o que fomos vivindo estes meses, cheos de aprendizaxes, ilusión e momentos compartidos. Así que agora si… imos poñernos ao día e contarvos todo o que aconteceu no noso cole.      No mes de novembro realizamos diversas actividades ...

OUTUBRO

Imaxe
  O mes de outubro veu cargado de emocións e actividades no noso cole. Comezamos cun momento moi especial: a inauguración da biblioteca escolar , un espazo que enchemos de ilusión e ganas de ler. O día 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares , e para festexalo as familias puideron levar un libro de agasallo . Ademais, as nosas mochilas viaxeiras comezaron de novo a percorrer as casas dos nenos e nenas, levando historias e aventuras a cada fogar. O luns 27 tivemos a sorte de contar coa visita dun mozo que nos falou dos instrumentos da tradición galega . PuIdemos escoitar e mesmo tocar o bombo, a pandeireta e o tamboril , vivindo unha experiencia musical moi divertida e enriquecedora, grazas A boalleira! E, para pechar este mes tan completo, celebraremos este xoves, o Samaín,  cunha fantástica degustación de alimentos terroríficos, certame de cabazas e disfraces de medo . Moitas   Grazas ás familias pola súa colaboración e á ANPA pola súa axuda e...

Comezamos o curso 25-26!

Imaxe
  Comezamos este curso escolar cun novo proxecto, a través do cal  traballaremos os sentidos, deste xeito creativo e participativo pretendemos conectar e fomentar no alumnado o uso do galego. Por iso, iniciamos o curso facendo un mural "As sensacións do noso verán" onde o alumnado plasmou as súas sensacións a través dos sentidos. Mirade que bonito quedou!

Benvidos e benvidas ao cole!

Imaxe
  Hoxe foi un día de reencontros, de ver novamente  a compañeiras e compañeiros de clase. De contar as súas vivencias do verán e de volver a compartir as experiencias e aprendizaxes do verán e de volver a compartir as experiencias e aprendizaxes no colexio. É un día de moitos nervios e emocións, onde comezamos un curso cheo de gañas e ilusións para levar a cabo os proxectos con toda a comunidade educativa do CEIP Sinde.

TROBADORES POLA RÚA

Imaxe
       Co gallo do día das Letras Galegas 2024,  homenaxeando a Luísa Villalta, fixemos unha actividade colectiva entre os tres centros públicos da Guarda.          O alumnado conventeuse en trovadores; para iso desprazámonos polos diferentes recunchos da Guarda, entre os que destacamos: a Praza de Abastos, Avelino Vicente, a Alameda, Praza do Reló, entre outras,  para recitar a súa biografía, algúns dos seus poemas e incluso algunha canción e baile.

Igualdade

Imaxe
Onte tivemos un obradoiro sobre a igualdade que nos fixo reflexionar sobre diferentes aspectos, que a día de hoxe continúan vixentes na nosa sociedade: Un deles é que a maioría das persoas que teñen xornada parcial son mulleres para poder conciliar coa vida familiar. Tamén comprobamos que diferentes deportes son asociados a mulleres (ximnasia rítmica, baile), mentres que outros (fútbol, boxeo) aos homes. Por outra banda, a sensibilidade e tarefas domésticas tamén son asociadas as mulleres, pola contra, os homes son fortes e traballan só fóra da casa. Por último, reflexionamos sobre os estereotipos que a sociedade a día de hoxe continúa marcando.

Microcompostaxe na aula

Imaxe
 Hoxe tivemos a sorte de aprender como podemos facer compostaxe nós na nosa casa, sen necesidade de ter un composteiro. Só necesitamos; unha botella de plástico, alimentos húmidos e follas secas.