Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2022
Imaxe
 SAMAÍN Hoxe celebramos o Samaín no cole, dende Dinamización, querémoslles dar as grazas ás familias e a ANPA pola súa colaboración. Así de chulo quedou todo! E tamén merendamos todos xuntos/as. Aqui deixámosvos uns vídeos dos nenos/as amosando as súas cabazas terroríficas, realizadas coas súas familias. Educación infantil:  https://drive.google.com/file/d/1O1t7r_YnVPT1Ys7i9J8Ugo7RZEoiHjht/view?usp=sharing Educación primaria:  https://drive.google.com/file/d/1XT_IWQK_3Jal9aqzRUwxi4jG5SciUAEc/view?usp=sharing
Imaxe
 Investigando sobre o camiño de Santiago O alumnado de terceiro de primaria que acode a Proxecto competencial, o luns 17 de outubro, realizou unha saída polas rúas da Guarda, coa finalidade de indagar por que o camiño de Santiago pasa polo noso concello.
Imaxe
 Saídas polo noso concello O alumnado de infantil acudiu ao montiño , o venres pasado, para desfrutar dos cambios das estacións. Recolleron diferentes froitos e fixeron coroas do outono. Os nenos/as do primeiro ciclo visitaron  o centro cultural, centro de saúde, Alameda, iglexa, Praza do Reloj e a praza de Abastos.

Inauguración da biblioteca.

O día 3 de outubro, inagurouse BiblioSinde, coa visualización dun video "Viaxeiros da Guarda". http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelrodriguezsinde/taxonomy/term/631  Tamén entregouselle ao alumnado e ao profesorado novo, o seu carné de socios, e recordamos as normas de convivencia dentro da biblioteca. Este ano o alumnado de 5º e 6º son os novos axudantes de BiblioSunde na hora do patio.