Publicacións

Igualdade

Imaxe
Onte tivemos un obradoiro sobre a igualdade que nos fixo reflexionar sobre diferentes aspectos, que a día de hoxe continúan vixentes na nosa sociedade: Un deles é que a maioría das persoas que teñen xornada parcial son mulleres para poder conciliar coa vida familiar. Tamén comprobamos que diferentes deportes son asociados a mulleres (ximnasia rítmica, baile), mentres que outros (fútbol, boxeo) aos homes. Por outra banda, a sensibilidade e tarefas domésticas tamén son asociadas as mulleres, pola contra, os homes son fortes e traballan só fóra da casa. Por último, reflexionamos sobre os estereotipos que a sociedade a día de hoxe continúa marcando.

Microcompostaxe na aula

Imaxe
 Hoxe tivemos a sorte de aprender como podemos facer compostaxe nós na nosa casa, sen necesidade de ter un composteiro. Só necesitamos; unha botella de plástico, alimentos húmidos e follas secas.                                                                                      

Os bosques do Baixo Miño

Imaxe
 A finalidade desta actividade foi concienciar ao alumnado da importancia de conservar  as especies autóctonas da nosa zona (Baixo Miño) xa que están desaparecendo moitas especies. Estas especies, están sendo sustuídas por especies de crecemeno rápido e isto xenera consecuencias nocivas para a natureza: degradan o chan, no caso de incendios axudan a súa propagación, entre outras. Para rematar,  xogamos a un xogo para que o alumnado coñecera as di ferentes especies de árboles que predominan na nosa zona.

Radio en directo

Imaxe
 O alumnado de sexto emitiu o 15 de febreiro, un programa de radio en directo, xa que o 13 deste mes celebrouse o Día Mundial da Radio. Para iso, todo o alumnado do cole baixou o corredor para poder ver como sa facía o programa. Gustou tanto que últimamente estamos emitindo tódolos programas en directo.

Entroido

Imaxe
 Celebramos o Entroido coa ordes do Meco e o último día, fixemos unha merenda colectiva de pratos típicos desta festa tradicional. Por último fixemos un desfile no ximnasio e sacamos fotos nun photocoll.
Imaxe
 Hoxe celebramos o Samaín no cole e pásamolo fenomenal. O alumnado coa participación das familias elaborou a súa propia cabaza para realizar un certame. Este ano, centrándono no PDI do cole, tiveron que poñerlle un nome a súacabaza, e para iso, empregamos o alfabeto rúnico.  A ANPA, coma tódolos anos preparou o túnel de terror e unha  merenda terrorífica, pasámolo fenomenal!

BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR!

Imaxe
Este ano despois de darlle a benvida ao alumnado, realizamos unha tarefa relacionada co PDI do centro. Por iso, cada alumno/a fixo un debuxo do seu verán. Mirade que bonito quedou! Finalmente, recollémolos todos e fixemos un mural, aquí tedes unha pista para saber cal será o PDI do cole.  Xa sabedes cal é?