Breve resumo do acontecido nos meses de novembro, decembro, xaneiro e febreiro.



    Antes de continuar co resumo das actividades destes meses, queremos facer unha pequena confesión… Sabemos que chegamos con algo de retraso. Entre tantas actividades, celebracións, murais, contos, festivais, chocolate quente e ordes do Meco… o tempo pasounos voando e cando nos demos conta xa tiñamos moitas cousas fermosas que contar e pouco tempo para sentarnos a escribilas.
No colexio non paramos nin un momento: un día estamos preparando unha actividade, outro día cantando no patio, outro lendo contos cos máis pequenos… e así, case sen decatarnos, o calendario foi correndo máis rápido ca nós.
Pero como se di moitas veces, máis vale tarde que nunca. E por iso hoxe queremos compartir con todos e todas un pequeno resumo de todo o que fomos vivindo estes meses, cheos de aprendizaxes, ilusión e momentos compartidos.
Así que agora si… imos poñernos ao día e contarvos todo o que aconteceu no noso cole.


    No mes de novembro realizamos diversas actividades moi significativas no centro. Por unha banda, celebramos o Magosto, unha xornada de convivencia na que o alumnado puido degustar castañas asadas e compartir un momento festivo coa comunidade educativa. A celebración estivo amenizada pola música do grupo da terceira idade da nosa vila, que nos acompañou con diferentes pezas tradicionais. Ademais, contamos coa presenza das familias do alumnado, o que contribuíu a crear un ambiente moi agradable e participativo.
Por outra banda, tamén conmemoramos o Día contra a Violencia de Xénero cunha actividade de reflexión e sensibilización. O alumnado elaborou un avión de papel no que escribiu unha palabra ou frase en contra da violencia. Finalmente, todos os avións formaron parte dun mural colectivo titulado “Voa alto e libre”, simbolizando o desexo dunha sociedade
máis xusta, igualitaria e libre de violencia.



    No mes de decembro realizamos diferentes actividades a nivel de aula relacionadas coa Constitución e co Estatuto de Galicia. A través destas propostas, o alumnado puido coñecer mellor a importancia destas normas que organizan a nosa convivencia e que recollen dereitos e deberes fundamentais para todas as persoas.


Ademais, para festexar o Nadal, celebramos un festival no que o alumnado participou con distintas actuacións, compartindo música, baile e momentos moi especiais con toda a comunidade educativa. Queremos agradecer especialmente á AMPA polo seu apoio e pola preparación dun riquísimo chocolate quente que nos axudou a gozar aínda máis da celebración.
Moitas grazas pola vosa colaboración e participación.

        No mes de xaneiro retomamos a actividade no colexio despois das vacacións de Nadal. Foi un momento moi especial no que o alumnado regresou ás aulas con moita ilusión e tivemos a sorte de abrir os agasallos que nos deixaron os Reis Magos, compartindo entre todos e todas ese momento tan emocionante. 





    O día 30 de xaneiro celebramos no centro o Día da Paz,unha xornada dedicada a reflexionar sobre a importancia do respecto, a convivencia e a solidariedade. Nesta ocasión realizamos o primeiro apadriñamento lector, unha actividade moi bonita na que o alumnado do segundo e do terceiro ciclo contou contos ao alumnado máis pequeno do colexio, creando momentos de aprendizaxe compartida e de unión entre compañeiros e compañeiras, unha xornada dedicada a reflexionar sobre a importancia do respecto, a convivencia e a solidariedade. Nesta ocasión, realizamos o primeiro apadriñamento lector, unha actividade moi bonita na que o alumnado do segundo e do terceiro ciclo contou contos ao alumnado máis pequeno do colexio, creando momentos de aprendizaxe compartida e de unión entre compañeiros e compañeiras.

                                             


    Tamén
elaboramos diferentes murais relacionados coa paz e, entre todos e todas, formamos unha gran cadea humana polo corredor do colexio como símbolo de unión. Para rematar a celebración, cantamos xuntos a canción “Girasoles”, foi unha xornada moi especial que nos recordou a importancia de construír cada día unha escola e un mundo máis pacíficos.

                        


    No mes de febreiro continuamos realizando diferentes actividades no noso colexio. Celebramos o Día da Muller e a Nena na Ciencia, unha xornada moi importante para lembrar e valorar o papel das mulleres no mundo científico. A través de distintas actividades, o alumnado puido coñecer a vida e o traballo de diferentes científicas e reflexionar sobre a importancia da igualdade de oportunidades.
Ademais, chegou un dos momentos máis esperados do curso: o Entroido.
 Durante varios días seguimos con moita ilusión as ordes do Meco, que nos foi indicando diferentes consignas divertidas que o alumnado e o profesorado tiveron que cumprir.

Para rematar esta festa tan especial, o último día celebramos

unha merenda con alimentos típicos do Entroido, compartindo un momento moi agradable entre todos e todas e desfrutando das tradicións da nosa terra.
O día 19 deste mes, no noso centro tivemos a oportunidade de organizar un obradoiro dirixido ás familias sobre como contar contos.
O obradoiro foi impartido por Bea Campos, unha actriz espectacular que conseguiu crear un ambiente moi participativo, cheo de imaxinación e creatividade. 
Foi unha xornada moi enriquecedora na que as familias puideron aprender, compartir e gozar xuntas arredor do mundo dos contos e da lectura.

    por último, o 23 celebramos o Día de Rosalía De Castro. Plantamos diferentes sementes e traballamos a esta escritora tan referente na nosa literatura galega.          

                          







Comentarios

Publicacións populares deste blog

Comezamos o curso 25-26!

Microcompostaxe na aula