Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2024

Igualdade

Imaxe
Onte tivemos un obradoiro sobre a igualdade que nos fixo reflexionar sobre diferentes aspectos, que a día de hoxe continúan vixentes na nosa sociedade: Un deles é que a maioría das persoas que teñen xornada parcial son mulleres para poder conciliar coa vida familiar. Tamén comprobamos que diferentes deportes son asociados a mulleres (ximnasia rítmica, baile), mentres que outros (fútbol, boxeo) aos homes. Por outra banda, a sensibilidade e tarefas domésticas tamén son asociadas as mulleres, pola contra, os homes son fortes e traballan só fóra da casa. Por último, reflexionamos sobre os estereotipos que a sociedade a día de hoxe continúa marcando.

Microcompostaxe na aula

Imaxe
 Hoxe tivemos a sorte de aprender como podemos facer compostaxe nós na nosa casa, sen necesidade de ter un composteiro. Só necesitamos; unha botella de plástico, alimentos húmidos e follas secas.                                                                                      

Os bosques do Baixo Miño

Imaxe
 A finalidade desta actividade foi concienciar ao alumnado da importancia de conservar  as especies autóctonas da nosa zona (Baixo Miño) xa que están desaparecendo moitas especies. Estas especies, están sendo sustuídas por especies de crecemeno rápido e isto xenera consecuencias nocivas para a natureza: degradan o chan, no caso de incendios axudan a súa propagación, entre outras. Para rematar,  xogamos a un xogo para que o alumnado coñecera as di ferentes especies de árboles que predominan na nosa zona.