Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos darvos as grazas pola gran participación das familias no certame de cabazas e disfraces . Deixámosvos un vídeo de todas as fotos para pasar un bo momento en familia.
Comezamos este curso escolar cun novo proxecto, a través do cal traballaremos os sentidos, deste xeito creativo e participativo pretendemos conectar e fomentar no alumnado o uso do galego. Por iso, iniciamos o curso facendo un mural "As sensacións do noso verán" onde o alumnado plasmou as súas sensacións a través dos sentidos. Mirade que bonito quedou!
O mes de outubro veu cargado de emocións e actividades no noso cole. Comezamos cun momento moi especial: a inauguración da biblioteca escolar , un espazo que enchemos de ilusión e ganas de ler. O día 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares , e para festexalo as familias puideron levar un libro de agasallo . Ademais, as nosas mochilas viaxeiras comezaron de novo a percorrer as casas dos nenos e nenas, levando historias e aventuras a cada fogar. O luns 27 tivemos a sorte de contar coa visita dun mozo que nos falou dos instrumentos da tradición galega . PuIdemos escoitar e mesmo tocar o bombo, a pandeireta e o tamboril , vivindo unha experiencia musical moi divertida e enriquecedora, grazas A boalleira! E, para pechar este mes tan completo, celebraremos este xoves, o Samaín, cunha fantástica degustación de alimentos terroríficos, certame de cabazas e disfraces de medo . Moitas Grazas ás familias pola súa colaboración e á ANPA pola súa axuda e...
Hoxe tivemos a sorte de aprender como podemos facer compostaxe nós na nosa casa, sen necesidade de ter un composteiro. Só necesitamos; unha botella de plástico, alimentos húmidos e follas secas.
Comentarios
Publicar un comentario